Medio Rural suspende as queimas autorizadas polas condicións meteorolóxicas

Medio Rural suspende as queimas autorizadas polas condicións meteorolóxicas

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Consellaría do Medio Rural suspendeu as queimas autorizadas ata novo aviso. As condicións meteorolóxicas dos últimos días, co aumento das temperaturas e a falta de chuvias, é a razón esgrimida desde o departamento autonómico. Polo tanto, as autorizacións de queimas non se restablecerán mentres persista a situación meteorolóxica de altas temper

O teléfono 902 112 000 permanecerá habilitado co obxectivo de aportar a información que precisen os usuarios sobre boas prácticas e de realizar un seguimento destes labores.

Coa posta en marcha deste servizo telefónico, facilítanselles as xestións de comunicación e solicitudes de autorizacións de queima aos usuarios. Tamén se lles ofrecerá o asesoramento sobre boas prácticas na realización de queimas de restos agrícolas á vez que se lle realiza un seguimento para centralizar os datos de identificación da persoa responsable e a localización do sitio para efectuar o lume con garantías de seguridade.

Sociedade