Medio século de ADEGA

Medio século de ADEGA
29 de Setembro, 2026 - 05:55 h. | Publicada por Radio Fene

Último día para visitar en Fene a exposición de ADEGA “50 anos coidando a terra”. A mostra itinerante que conmemora o medio século de activismo medio ambiental da asociación ecoloxista galega chegou a Fene o pasado día 18 e remata este martes, día 29.

Nos 16 paneis informativos instalados na praza do Alcalde Ramón Souto pásase revista a medio século de traballo na defensa do medio ambiente. Da loita contra os vertidos nucleares na Fosa Atlántica ou ameazas ambientais como os incendios forestais. Unha loita que non cesa e que deu importantes froitos como os éxitos ao opoñerse á instalación dunha central nuclear en Xove ata, máis recentemente, a retirada do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora