ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo de Perlío celebra as súas vodas de ouro. Unha data especial que conmemoran cun programa ateigado de actos. As actividades para homenaxear este medio século de vida comezan o vindeiro mércores 4 de novembro e rematan o sábado 28 do mesmo mes. Pintura, teatro, maxia, música, mostra de fotografías ou cea-baile son algúns dos ingredientes para lembrar este aniversario.
Cunha exposición de instántaneas e trofeos da Deportiva o mércores 4 de novembro ás oito e media do serán inauguranse os actos co gallo do 50 aniversario do círculo de Perlío. Ao día seguinte, o xoves 5 , levarase a cabo unha exposición de cadros e a conferencia “ OC.C.R. de Perlío na miña memoria” a cargo de Siro López.
O teatro chegará ás oito e media do venres 6 da man da compañía Teatro Amistad que porán en escea a obra “Anicosoria” . A xornada complétase cun magosto, como non podía ser doutro xeito nestas datas. O sábado 7 ás oito da tarde celebrarase unha misa na entidade e un concerto da Banda Municipal de Ferrol.
A maxia e o ilusionismo correrá a cargo de Cayetano Lledó ás oito da tarde do sábado 13 de novembro. A nota tradicional galega terá lugar o sábado 14 a partir das seis da tarde coas actuacións das Cantareiras “Bolboretas” de Barallobre, a escola de baile e música tradicional ”Mario Escudero”, a Agrupación folclórica San Xoan de Ouces de Bergondo e do Real Coro “Toxos e Froles”.
A música non remata aquí. Manuel Cociña interpretará un concerto de acordeóns o domingo 15 e tamén cantará a coral da casa “Eterna Xuventud”. O teatro retómase o venres 20 coa peza “ O cantar dos cantares ou Galicia 1948”.
O sábado 21 de novembro, penúltima xornada de actos, celebrarase unha cea-baile en honra dos socios amenizada pola orquestra “Juan Mayo” de A Coruña”.
Coa presentación do grupo de teatro do Círculo de Perlío e a representación da obra dirixida por Siro López “ A derradeira ocorrencia” péchanse un calendario de eventos para festexar este 50 cumpreanos da entidade fenesa.
Cambiando a cifra ao bolero, 50 anos non son nada… Por outros cincuenta máis.