Medo ao descoñecido

Medo ao descoñecido
25 de Febreiro, 2022 - 12:16 h. | Publicada por Radio Fene

O coronavirus provocou medo ao descoñecido e rexeitamento á socialización en determinados sectores da poboación. A rapazada é un dos colectivos máis afectados por ese tipo de problemas. Unha vez finalizado o confinamento,  detectaronse casos de nenos e nenas que non querían sair á rúa. Aumentaron as consultas en pediatría relacionadas con problemas de estado de ánimo, conduta, socialización. 

ESCOITA O PODCAST:
Adrián Amado Gutiérrez, pediatra de Narón

No inicio da pandemia as familias explicaron á rapazada as precaucións necesarias para evitar os contaxios. Iso foi efectivo para ese obxectivo pero xenerou outros problemas, segundo o pediatra do Centro de Saúde de Narón Adrián Amado. Ademais das habituais consultas por catarros, resfriados e otitis, nas consultas de pediatría perciben un aumento dos casos derivados de trastornos da conduta. Tamén hai máis sobrepeso e menos actividade física. O uso das pantallas debe limitarse.

Sociedade

Publica o teu comentario agora