Medo ao ruído

Medo ao ruído
29 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos cans pasan medo co ruído dos petardos e as tormentas. Consultamos con Noemí Graña que facer para axudalos a sobre-levar o susto.

ESCOITA O PODCAST:

Traballar para que os cans non pasen medo cos petardos e os fogos de artificio leva o seu tempo, por iso debe facerse no inverno antes de que chegue a tempada de festas. “Agora imos tarde”,  Pero si hai outras cousas que podemos poñer en práctica para axudalos a sobre-levar o medo que teñen a eses ruídos inesperados. A veterinaria etóloga Noemí Graña recomenda facer na casa un refuxio. Crear nesa habitación unha zona de seguridade é a clave, polo que nos dixo Noemí. Tamén convén que estea nun cuarto coas persianas baixadas e poñer algunha música ou son un pouco alto para tapar o ruído da pólvora e, se teñen moito medo, acompañalos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora