Medo non, pero si respecto

Medo non, pero si respecto
18 de Agosto, 2020 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

A incerteza preside o mundo laboral e tamén o deportivo. Na Primeira Rexional seguen sen saber a data de inicio da tempada. Haberá que agardar a que haxa un protocolo claro.

ESCOITA O PODCAST:
Rafa Afonso no estudo de Radio Fene

Dende o Perlío o teñen claro “o primeiro é a saúde”, así o indica o porteiro do primeiro equipo e coordinador de fútbol once do clube, Rafa Afonso.

O campo de Os Pinares conta con catro vestiarios e xa se esbozan as medidas que se adoptarán para o seu uso. Tan só sete xogadores en cada un e distancia de seguridade nas duchas.

Non lle teñen medo ao virus, senón máis ben respecto. Segundo opina Afonso non hai que tomar decisións demasiado rápido.

Dende o CCRD Perlío animan á rapazada máis nova a apuntarse no clube.

No primeiro equipo continúan anunciando renovacións e algunha fichaxe, pero todos terán que gañarse a ficha nunha tempada chea de incertezas.

Deportes

Publica o teu comentario agora