Meigas, sabias e mulleres boas

Meigas, sabias e mulleres boas

17 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Todo o que estades a ollar está feito dunha soa peza de barro, sen nada engadido nin pegado, respeitando a forma de traballar a cerámica, de dentro para fóra, a partires dun oco, para defenderse mellor do lume”. Son palabras do ceramista Pérez Porto arredor das obras de Carme Romero que se expoñen na mostra "Meigas, sabias e mulleres boas" no Arquivo do Reino de Galicia en Betanzos.

E a mán que é quen de amasar o barro con luz e ar e tirarlle a beleza toda da natureza, en palabras do escritor Lois Diéguez. Mostra de cerámica de Carme Romero. Aberta ata o dez de novembro no edificio do Arquivo do Reino de Galicia en Betanzos.

Sociedade