Meirás celebra un ano máis as festas do Porto

Meirás celebra un ano máis as festas do Porto

08 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañá e ata o doce de xullo celebraranse en Meirás as festas da Virxe do Porto. Á xa tradicional procesión marítima e ás verbenas, unirase este ano unha festa gastronómica.

A orquesta “Xente nova” marcará o comezo das festas do Porto o xoves pola noite. O venres as encargadas de poñer ritmo a esta celebración serán as orquestas “Panamá” e “Montes”. “Foliada” e “Versalles” amenizarán o sábado, e unha delas tocará na sesión vermú do domingo, pechando así as festas do Porto deste ano.
A misa en honor á Virxe do Porto celebrarase o domingo ás doce do mediodía, á que seguirá a procesión marítima.
Como novidade este ano introdúcese unha festa gastronómica. A cita será o sábado e o domingo e nela poderá desgustarse churrasco, polbo, percebes e mexillóns.

Sociedade