Meira acolle unhas olimpíadas rurais

Meira acolle unhas olimpíadas rurais

28 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación Cultural Eme de Meira organiza nesta xornada de sábado un conxunto de actividades pensadas para todos os públicos e articuladas como unhas olimpíadas rurais baixo o xogo de palabras de CoolMeira (alusivo á denominación que a tamén chamada forcada, forquita ou galleta ten na zona). A entidade pon en marcha, desde hai cinco anos, un festival de verán, denominado este ano como Espontáneas 5.0, co que tratan de pór en va

As probas comezarán ás catro e media da tarde e poderanse ver e practicar de xeito libre, simplemente inscribíndose antes do comezo. O programa inclúe: empuxar o rolo de herba, carreira de leiteiras, tiro de corda e lanzamento de colmeira; máis billarda e bolos que serán competicións independentes. Os gañadores e primeiros clasificados das Olimpíadas Rurais recibirán trofeos e premios (produtos locais e artesanais) ademais de vales para adquirir comida e bebida para a cea. Ademais, grazas á colaboración da asociación de recuperación de xogos tradicionais Xotramu, durante a tarde tamén haberá moitos outros xogos populares, boa parte orientados para os nenos e nenas.

No tocante a grupos musicais, ás once da noite os meiregos PanZ serán os primeiros en subirse ao escenario, seguidos do grupo punk de Muros Terbutalina e Labregos do Tempo dos Sputniks, banda formada por García MC, O Leo i Arremecághona e Lydia Botana.

Eme de Meira tamén pon a disposición dos artesáns e produtores locais que queiran amosar e vender os seus produtos unha zona de mercadiño, hai habilitada unha zona de acampada gratuíta e tamén haberá servizo de bar e comida a prezos populares.

Cultura