ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Técnicos, labregos e labregas daranse cita o 17 e o 18 de decembro en Melide para debater sobre o futuro da agricultura galega, no marco da VI edición das Xornadas Agrarias Galegas. Neste evento, organizado pola Federación Rural Galega (FRUGA) e o Concello de Melide, debaterase sobre a rendibilidade das explotacións de carne e de leite, os costos de produción, a mobilidade das terras, e mesmo sobre o futuro da PAC, contando coa presenza dos grupos parlamentarios.
Estas Xornadas, que foron sempre un debate aberto e de grande popularidade entre o agro galego, celébranse 23 anos despois da última edición en 1987 na localidade de Poio. Os organizadores destacan a súa utilidade como ferramenta de análise e de proxección de futuro, xa que, como afirma un dos relatores do evento, Antonio Oca, é importante analizar a rendibilidade agraria.
O coordinador das Xornadas, Emilio López, indicou na súa presentación que son un fito da agricultura galega, sendo a vangarda do debate técnico, económico e social das explotacións galegas. Segundo López, esta edición terá un valor engadido pola situación actual do sector, significando un punto de inflexión e un feito político, xa que se vai debater se a agricultura galega ten futuro. Os organizadores móstranse convencidos de que o ten e tratarán de demostralo nestas xornadas.