A mellor compañía

A mellor compañía
21 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falase de que vivimos unha epidemia de soidade. A soidade ten mala sona, pero non é mala nin moito menos, aseguran os especialistas. Cousa distinta é o illamento, sinala en Radio Fene o psicólogo José Barcia Tuccelli.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Un retiro escollido pode resultar moi beneficioso, percibirnos desconectados soe xerar sufrimento”, aclara o colaborador de Radio Fene. Cando a soidade é desexada é un bo caldo de cultivo para o equilibrio persoal e mesmo axuda a desenvolver a creatividade. Explica Barcia Tuccelli a importancia da introspección, é necesario ter algún tempo cada día para nós mesmos. “Vivimos nun mundo cargado de urxencias e moitas veces non estamos ben porque non nos coidamos, non nos dedicamos tempo”. “Se vivimos correndo e nos lembramos de nós como imos estar ben?”, pregunta o especialista.

Sociedade

Publica o teu comentario agora