A mellor compañía

A mellor compañía
14 de Decembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene



A mellor compañía para unha persoa maior que non ten boas condicións físicas é un gato. Para quen teña mobilidade son indicados cans de raza pequena que non sexan novos. Recomendación da veterinaria etóloga Noemí Graña a unha ouvinte de Radio Fene que busca un animal de compañía para a súa nai.

ESCOITA O PODCAST:



“Hai países nos que as adopcións se regulan en función da idade da persoa adoptante e das súas condicións físicas, aquí tamén se empeza a facer”, explicou Noemí. “Se hai dificultade para pasear é mellor un gato que un can. Se a persoa ten mobilidade, calquera raza pequena, un animal que non sexa novo, que lle apeteza saír pasear de xeito tranquilo”, aconsella a especialista. “Que teña as mesmas necesidades ambientais, iso é o que vai marcar a calidade de vida dos dous”, conclúe. Nesta edición de Radio Animal tamén falou de problemas de visións dos cans e deu ideas de agasallos de Nadal para persoas que teñen gatos ou cans. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora