A mellor feira científica da historia

A mellor feira científca da historia
27 de Maio, 2022 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mellor feira científica da historia, o Centifest, celebrarase no colexio Centieiras de Perlío o 22 de xuño. Expoñerase o traballo realizado durante este curso dentro do proxecto Pingas de Ciencia. Despois de xantar coas familias, pola tarde haberá teatro, obradoiros e festa da escuma organizada pola ANPA. Sexto de infantil e sexto de primaria visitaron esta mañá os estudios de Radio Fene. Gravaron un novo episodio de As Crónicas de Centieiras. 

ESCOITA O PODCAST:
O Colexio Centieiras en Radio Fene

O Colexio Centieiras prepara tamén unha xornada de diversión no muíño de Pedroso. E sexto de primaria vaise de excursión ao Galopar durante tres dias. De todo iso falan no podcast "As Crónicas de Centieiras".

Cultura

Publica o teu comentario agora