ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A nena de Fene Ainara Permuy Marta gañou o primeiro premio do certame de fotografía Porto e Cidade instituído pola Autoridade Portuaria de Ferrol. Déronlle o primeiro premio no ano no que máis fotos se presentaron ao concurso. Ainara estivo en Radio Fene acompañada polos seus amigos Ashley Mendoza e Sindo Moreira.

“Esta é a miña casa onde remata o mar”, así titulou a súa foto Ainara nun guiño á canción de Los Limones. Ainara ten doce anos, estuda no colexio Jorge Juan de Perlío. Presentouse ao concurso, igual que outros compañeiros, animada polo seu profesor Emilio cunha foto que fixo con trípode da vista da ría desde o Coto do Rei, segundo ela mesma explicou. Rexistrou coa súa cámara unha fermosa panorámica que observan ela e seus pais. Recibirá o primeiro premio do certame de fotografía Porto e cidade, da Autoridade Portuaria de Ferrol o martes 5 de maio, ás cinco e media da tarde na Sala Curuxeiras. Alí poderemos ver a súa e o resto de imaxes presentadas a este concurso fotográfico.
Publica o teu comentario agora