ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Non puido comezar mellor o Perlío a tempada na Segunda División Galega de fútbol feminino. Estreouse na categoría cunha traballada vitoria o domingo nos Pinares. Comentamos o partido en Radio Fene coa adestradora, Conchi López.

Un partido, tres puntos.Venceu ao Brexo Lema o Perlío Feminino por 3 goles a 2 nunha calorosa mañá con bo ambiente no campo dos Pinares. Son tres puntos moi importantes porque “a vitoria no primeiro partido dá confianza”, destacou a adestradora do Perlío, Conchi López.
Abriu o marcador Adriana Beceiro no minuto 30. Empataron as rivais nos últimos minutos da primeira parte. Xa na segunda metade, volveu adiantarse o Perlío, cun tanto de Uxía Saavedra. Empatou de novo o Brexo Lema, e tamén Uxía a punto de acabar o partido marcou o tanto que pechou o marcador. “Ningún partido vai ser fácil nesta categoría, todos son equipos son fortes”, advirte López, satisfeita porque neste primeiro encontro o Perlío traballou ben.
Publica o teu comentario agora