ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rede de transporte público de Galicia. A mellor maneira de viaxar. Ese slogan encabeza a páxina web da Xunta de Galicia www.bus.gal Pero, por exemplo, a realidade do transporte público entre Ferrol e Lugo encárgase de desmentir radicalmente esa afirmación.
De Ferrol con destino a Lugo só saen dous autobuses de luns a venres, ás dez e media da mañá e as dúas e media da tarde. Tardan entre unha hora e corenta minutos e dúas horas e cuarto. De Lugo a Ferrol, de luns a venres só hai un servizo ás seis e media da mañá. No curso académico tamén funciona un autobús o venres ás seis da tarde. A alternativa é coller o bus Lugo - Coruña e Coruña Ferrol. Ou o tren por Betanzos. Tres horas e corenta minutos ou máis de dúas horas. Tempos do século XIX para dúas cidades separadas só por 108 quilómetros de distancia.
Estacións vellas
Pouco transporte e estacións vellas. A estación de autobuses de Ferrol languidece agardando por unha renovación. O tren tamén espera con servizos lentos e escasas frecuencias. Nas restantes cidades galegas, a Xunta xa acometeu a reforma das Instalacións. En Pontevedra os traballos adxudicáronse en 2019 e remataron en 2023. Vigo puxo en marcha a nova estación de tren e autobuses en 2022. En Ourense a ADIF xa adxudicou a reforma . Estará lista no 2029. Lugo, A Coruña e Santiago están na actualidade en obras e se prevé un inmediato remate para unificar e conectar estacións de autobuses e ferrocarrís para facilitar o intercambio de pasaxeiros.
Publica o teu comentario agora