ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Como planificar as vacación se temos un can ou a chegada dun bebé á familia se na casa hai gatos ou cans. Son algúns dos temas que abordou esta semana a veterinaria etóloga Noemí Graña no espazo Radio Animal.

“Hai moita xente que viaxa cos cans agora, sobre todo a xente que ten auto caravanas”, sinala Noemí. Para quen se aloxe en hoteis, recomenda asegurarse antes de reservar de que o establecemento permite, se saes, deixar no cuarto ao can. Se o animal pode ter problemas de ansiedade por separación aconsella levarlle un transportín sen porta e traballar antes marcándolles un sinal para que se acostume a quedar tranquilo cando está so.
Esperando un bebé
“Hai que ter coidado”. Se vai chegar un bebé a unha familia con gatos ou cans debemos preparalos con tempo para a novidade. “Canto antes empecen moito mellor”. Explica a veterinaria etóloga que “os animais teñen un vínculo estupendo con nós, pero iso non quere dicir que o vaian ter co recen chegado”. O problema radica en que os bebés choran e móvense e iso asústaos. “O traballo dos sons e dos movementos son imprescindibles”, avisa Noemí.
Publica o teu comentario agora