A mellor protectora

A mellor protectora
03 de Xuño, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

A mellor protectora de animais de España está na nosa provincia. Chámase Gatocan. Ten a súa sede en Coirós pero traballa en toda a provincia. A súa presidenta, Beatriz Martín, agradeceu o recoñecemento en declaracións ao espazo de Radio Fene Radio Animal. 

ESCOITA O PODCAST:

Gatocan naceu en 2006. Conta con máis de 1.300 socios e voluntarios. Actualmente coidan 230 gatos e cans no seu refuxio. “Un animal é un ser vivo, non un xoguete nin un obxecto”, lembra na entrevista Beatriz Martín. A presidenta de Gatocan tamén avisa de que algúns dos animais que teñen en acollida proceden de persoas maiores que xa non están en condicións de coidalos. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora