A mellora da rede viaria das provincias de Ourense e Pontevedra aprobarase a finais de mes

A mellora da rede viaria das provincias de Ourense e Pontevedra aprobarase a finais de mes

08 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta autorizará antes de que remate abril os contratos para o mantemento e conservación da rede viaria nas provincias de Ourense e Pontevedra, como xa se fixo nas da Coruña e Lugo. A Consellaría de Infraestruturas aposta por actuar sobre as estradas con alternativas menos contaminantes que as mesturas asfálticas

Así, avógase por transformar en betúns asfáltico modificado con po de caucho os residuos pneumáticos, que en todo o Estado suman 300.000 toneladas. O conselleiro Agustín Hernández salientou que os traballos de conservación do firme supoñen un importante esforzo económico en tempo de crise para dar servizo a unha rede de 5.500 quilómetros.

Institucional