ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene remata as obras de mellora do camiño do Castelo e Estrada de Laraxe. O alcalde, Juventino Trigo, e o concelleiro de obras, Manuel Polo, revisaron as actuacións para avaliar a súa execución.
O Concello de Fene investiu 144.600 €, con cargo ao POS+Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña nunhas obras moi demandadas pola veciñanza da zona polo estado de deterioro que presentaban, debido ao paso do tempo e ás afeccións das inclemencias meteorolóxicas. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de obras, Manuel Polo, visitaron a zona e destacaron “a mellora substancial nos accesos ás vivendas e en materia de seguridade para a circulación de persoas e vehículos”.
No Camiño do Castelo, que parte da estrada autonómica AC-122 e chega ao cruce coa Estrada de Laraxe, as actuacións consistiron na substitución das tubaxes de abastecemento de auga potábel por novos tubos de polietileno de alta densidade, a renovación da rede de augas fecais, e a mellora da capa de rodaxe e a súa drenaxe. A segunda parte desta actuación corresponde á estrada de Laraxe, onde se renovou a imprimación asfáltica, partindo desde o cruce do Camiño do Castelo até a Igrexa de Santa Baia de Limodre. Trátase dun treito duns 300 metros.
O departamento de obras do Concello de Fene ten en marcha outras actuacións, como a mellora do camiño no entorno do campo de Fútbol de Perlío e Camiño de Loira, cun investimento de máis de 41.000 euros; a reurbanización da rúa Antonia Montero, que supera os 178.000 €; o Camiño Grande - O Cotillón, A Fraga e O Sino, cun orzamento de máis de 103.000 €, e a primeira fase da nova Área Recreativa de San Valentín, na que se investirán algo máis de 50.000 €.
Publica o teu comentario agora