ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene licita obras de mellora en camiños municipais por 69.000 euros. As actuacións permitirán facer melloras en varios puntos da rede viaria secundaria con problemas de deterioro motivados polo tráfico, os temporais e o paso do tempo. Os traballos inclúen a rehabilitación do firme e a mellora da seguridade viaria en diferentes parroquias.

O proxecto que licita o Concello de Fene contempla actuacións en distintos camiños como os de Fontelonga, o camiño en Sartego – Parque Castelao, o camiño en Sillobre próximo ao cemiterio e á avenida do Doutor Sixto Mauriz, o camiño por Almieiras, o camiño de accesos en Sartego e o camiño entre a estrada do Peirao e O Souto, todos eles con firmes deteriorados, con presenza de fochancas, disgregacións ou perda de capacidade estrutural. As obras consistirán na rehabilitación e mellora funcional dos camiños, mediante tarefas de limpeza e preparación das superficies, reforzo estrutural dos firmes, execución de tratamentos superficiais bituminosos e implantación de nova sinalización vertical. Segundo as previsións técnicas, estas actuacións permitirán prolongar a vida útil dos firmes arredor de dez anos.
A alcaldesa de Fene, Sandra Permui, destacou que “esta licitación responde á vontade de seguir mellorando a rede viaria municipal e dar resposta ás necesidades da veciñanza, especialmente nas zonas onde o deterioro é máis acusado”. Pola súa banda, o concelleiro de servizos, Adán Chao, explicou que “o obxectivo é optimizar os recursos dispoñibles e ofrecer solucións duradeiras que eviten intervencións constantes a curto prazo”. Destaca o Concello que estas actuacións forman parte dunha estratexia orientada ao mantemento e mellora da rede viaria municipal, contribuíndo a unha mobilidade máis segura e eficiente.
Publica o teu comentario agora