ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene avanza nas obras de mellora da rede de abastecemento na Rúa Travesa e no Camiño do Inferniño dentro da aposta do Goberno local pola mellora das infraestruturas básicas do municipio, segundo destacou o alcalde, Juventino Trigo.
As intervencións, adxudicadas en algo máis de 61.500 euros, buscan renovar a infraestrutura de subministración de auga e garantir unha mellor eficiencia e seguridade. O proxecto contempla a substitución das actuais tubaxes de fibrocemento por novas conducións de polietileno de alta densidade, garantindo unha maior durabilidade, a redución de perdas de auga e, por conseguinte, unha mellor calidade no servizo. Durante o desenvolvemento das obras haberá cortes de tráfico temporais, que serán debidamente sinalizados, segundo declarou o concelleiro de Obras, Manuel Polo. Os traballos terán un prazo de execución duns tres meses.
Seguridade viaria
O Concello de Fene tamén realiza estes días traballos de pintado nas estradas do municipio co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguridade viaria. Durante toda esta semana, aproveitando o bo tempo, persoal municipal realiza labores de repintado de pasos de peón, zonas amarelas e espazos acoutados para persoas de mobilidade reducida. Labores que se realizan dentro do plan de traballo que ten en marcha a Concellería de Servizos que dirixe Sandra Permuy.
Publica o teu comentario agora