ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde, Severino Rodríguez, anunciou a contratación do anteproxecto para a ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable en Monforte de Lemos. Severino Rodríguez lembrou cal fora o proceso seguido neste tema ata chegar ó momento actual. Dixo que o proceso arrancara a raíz da presentación dunha enmenda do BNG ós orzamentos do Estado do ano en curso e que, unha vez aprobados os mesmos, iniciáronse os contactos entre o Co
A redacción do anteproxecto, no que se recollerá cales son as obras a realizar, ten un custe de 81.000 euros e ó concurso para a súa elaboración presentáronse sete empresas.
As obras que contempla a alternativa elixida por unanimidade das tres partes, Confederación Hidrográfica, acuaNorte e Concello, son as seguintes:
- Construción dunha nova ETAP en Ribasaltas: capacidade 200 l/s.
- Construción dun novo depósito en Ribasaltas: capacidade 3.500 m3.
- Novo bombeo en Ribasaltas: caudal de 200 l/s.
- Nova condución de impulsión entre a ETAP de Ribasaltas e o depósito do Cornado.
- Mellora de conexións en depósitos de San Vicente: instalación de válvulas de control automáticode enchido.
- Regulación no depósito de Piñeira: instalación dunha válvula para regulación do nivel do depósito.
Unha vez que se redacte este anteproxecto, nun prazo de cinco meses, o mesmo servirá para a redacción do proxecto definitivo e a execución das obras.
O custe total da actuación ascende a 5.400.000 euros, dos cales a Confederación Hidrográfica aportará tres e o resto deberá ser achegado polo Concello. O alcalde dixo que xa realizaba xestións coa Xunta e coa Deputación para lograr financiamento.
A inversión realízase a tres anos e o obxectivo é que a obra se remate no 2011.
Severino Rodríguez destacou o compromiso da Confederación Hidrográfica con estas actuacións, comentando que o ritmo de traballo vai segundo o previsto.