ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene remata os traballos de mellora e dixitalización da rede de abastecemento. A actuación permite optimizar a xestión da auga e reducir perdas mediante sistemas de telecontrol.

O Concello de Fene vén de dar por rematados os traballos incluídos no proxecto adxudicado por un importe total de 47.835,90 euros e orientada a mellorar a eficiencia do sistema e a reducir as perdas de auga.
Os traballos executados centráronse na mellora de tres instalacións estratéxicas da rede municipal de abastecemento, incorporando sistemas de control e dixitalización que permiten un seguimento continuo e en tempo real do funcionamento do servizo.
No bombeo de Lameiro levouse a cabo a renovación do cadro eléctrico e da aparataxe, unha actuación que permite rexistrar con precisión os caudais e mellorar o control sobre o funcionamento desta instalación. No bombeo e depósito do Catalán realizouse tamén a renovación do cadro eléctrico e da aparataxe, co mesmo obxectivo de facilitar o control e o rexistro dos caudais. E no depósito de Vilar do Colo instalouse un sistema remoto de control que permite coñecer en tempo real o nivel dos depósitos, así como parámetros clave como o cloro, o pH e a temperatura da auga. Ademais, este sistema incorpora a xestión de avisos e o control automático de niveis, mellorando a capacidade de resposta ante posibles incidencias.
A alcaldesa de Fene, Sandra Permui, destacou que “esta actuación supón un paso importante na modernización da rede de abastecemento, permitindo anticiparnos a problemas, reducir perdas de auga e mellorar un servizo básico esencial para a veciñanza”. Ademais, o concelleiro de urbanismo, Manuel Polo, explicou que “con estes sistemas de control e seguimento en tempo real mellórase de maneira significativa a capacidade de xestión da rede municipal, facilitando a detección temperá de anomalías e optimizando o funcionamento das instalacións”.
Publica o teu comentario agora