ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Obras en carteira do Concello de Fene que suporán un investimento que se achega ao millón de euros. Dos proxectos en tramitación e os recentemente finalizados falou en Radio Fene a concelleira de Obras e voceira de Esquerda Unida, Mani Carmen Martínez.

O plan de mellora das infraestruturas municipais inclúe actuacións como a recen finalizada en Buios. “Quedou espectacular”, di a concelleira sobre unha actuación que incluíu a recollida de pluviais e a ampliación da calzada. “Quedou moi ben, onde antes so cabía un coche agora pasan dous coches perfectamente”. Destacou tamén que a senda peonil do Regueiro, que está en execución, era moi demandada por motivos de seguridade. Entre as obras previstas, que suporán un investimento de 974.349 euros, destacou que hai previstas actuacións en Sillobre, na costa da Lagarteira, no lugar de Cornide e a reconstrución dun muro de contención en Perlío.
Dá coraxe
Medio século despois da morte de Franco, Mari Carmen Martínez observa con preocupación que, segundo reflicten as enquisas, moita xente moza cre as mensaxes que difunden polas redes sociais grupos da ultradereita. “Dáme coraxe”, opina a voceira de Esquerda Unida e concelleira de Obras, Mari Carmen Martínez, lembrando que o franquismo foron anos de “fame e penurias”.
Publica o teu comentario agora