ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Logo da vitoria no último suspiro ante o Mérida en Riazor, o Deportivo visita esta fin de semana o campo da UD Sanse co obxectivo de mellorar a imaxe amosada fóra da casa.
O conxunto branquiazul ocupa a terceira posición da táboa e está tan só a dous puntos do líder, o Alcorcón. O vindeiro partido será o correspondente á xornada 23 en Primeira RFEF onde o equipo adestrado por Óscar Cano pelexa polo ansiado ascenso directo. Esta semana foi presentado Arturo, un novo dianteiro que, precisamente, xa xogou no próximo rival do Deportivo. O atacante destacou en rolda de prensa que o equipo madrileño "cando defende ben é moi difícil facerlle gol e cada disputa, cada duelo e moi difícil de gañarlles”. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a conseguir un novo triunfo o domingo ás 12,00 horas co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí
Na imaxe, Óscar Cano, adestrador do Deportivo da Coruña.
Fotografía: RC Deportivo.
Publica o teu comentario agora