Mellorar no ataque

Mellorar no ataque
18 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Deportivo visita este domingo o Reino de León para enfrontarse á Cultural Leonesa. Óscar Cano agarda mellorías no ataque do conxunto branquiazul.

ESCOITA O PODCAST:

“Non podemos parecernos ao equipo que xoga en Riazor pero a nivel de ataque temos que despregar moitas máis cousas”, afirmou o técnico do Deportivo en rolda de prensa antes de partir cara a terras leonesas. Logo de empatar na casa fronte ao Real Madrid Castilla, o equipo coruñés chega á xornada 28 na segunda posición da táboa con 51 puntos, a dous do líder, o Alcorcón. Alberto Quiles regresa á convocatoria logo de cumprir un partido de sanción. O encontro dará comezo ás 19,00 da tarde. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a gañar ante a súa afección co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na nosa canle de youtube.

Na imaxe, adestramento do Deportivo en Abegondo.

Fotografía: RC Deportivo.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora