Mellorar os síntomas da fibromialxia

Mellorar os síntomas da fibromialxia
27 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“A fibromialxia caracterízase pola dor crónica no aparato locomotor” ademais de presentar outros síntomas como trastornos do sono, ansiedade ou depresión. É unha enfermidade que afecta a bastante xente, principalmente a mulleres de mediana idade. As súas causas non se coñecen con certeza, pero hai varios factores que a poden desencadear. “Non existe tratamento curativo, pero o obxectivo principal é mellorar os síntomas e a calidade de vida dos pacientes”. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa coas fisioterapeutas Sonia Gómez Tomé e Cristina Cotobad Martínez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/270524GOMEZ.mp3

Fotografía: Lorena Teijeiro

“O obxectivo é recuperar a condición física, reducir a frecuencia e o impacto da sintomatoloxía e, polo tanto, mellorar a calidade de vida dos pacientes”, cóntanos a fisioterapeuta Sonia Gómez. O exercicio físico é a única terapia con elevada evidencia científica para esta enfermidade, pero que pode haber efectos adversos e por iso debemos evitar a práctica de deportes con elevada frecuencia de adestramento e de contacto físico, xa que “isto pode agravar os síntomas da fibromialxia”.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora