Mellorar Vilar do Colo

Fene acóllese a subvencións para a promoción económica por valor de 594.812,55 euros
26 de Febreiro, 2019 - 01:26 h. | Publicada por Radio Fene

O obxectivo é recabar a colaboración económica doutras administracións para reducir o custe das obras, servizos e programas municipais relacionados co turismo, equipamentos, contratación de persoal e, en definitiva, a promoción económica.

O Concello de Fene estáse a presentar a diferentes convocatorias de axudas, proxectos por valor de 594.812,55 euros. O concelleiro de Urbanismo e Formación, Juan José Franco, explica que o obxectivo é recabar a colaboración económica doutras administracións para reducir o custe das obras, servizos e programas municipais. Deste solicítanse subvencións por valor de 360 mil euros.

Os proxectos presentados permitirán avanzar na renovación do alumbrado público en San Valentín –cun investimento cercano aos 50.000 euros e unha axuda do 80%-; na sinalización de recursos turísticos –orzamentado en 4.464,90 euros-. Da man do Concello de Cabanas, vanse impulsar diferentes melloras no polígono de Vilar do Colo: a renovación do equipamento e infraestruturas do alumeado público (119.818,99 euros, para os que se solicita unha achega do 80%); tamén a reorganización e substitución dos colectores (78.767,68 euros, e unha petición de achega do 80%) ou a mellora da accesibilidade (cun investimento de 126.526,75 euros para os que se solicitou unha achega do 76,5%).

Entre as solicitudes está a organización do II Festival das Ondas (cun orzamento de 30.613 euros dos que 15.306 euros procederían dunha subvención); a limpeza de praias (durante tres meses cun investimento de 18.722 euros); a contratación de persoal para a Oficina de Turismo (solicítase unha axuda de 11.165,94 euros para financiar un contrato de 4 meses), e a contratación de persoal a través de tres programas: Programas de Cooperación –xunto a Cabanas, o proxecto presentado contempla a contratación de dous peóns por un periodo de tres meses-; Risga –solicítanse axudas para a contratación dun peón de limpeza viaria durante nove meses-, e PEL da Deputación –contratación de seis peóns e un oficial albanel por espazo de catro meses-.

Institucional

Publica o teu comentario agora