ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene conclúe os traballos de mellora na rúa do Campanario, na parroquia de Limodre. As actuacións desenvolvéronse con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños de AGADER, cun investimento de algo máis de 45.500. O concelleiro de obras, Manuel Polo, valorou positivamente estes traballos que veñen a atender “unha necesidade detectada desde hai tempo neste camiño”, e amosou o compromiso da súa área para “seguir a buscar financiamento a través de diferentes plans para avanzar nos traballos de mellora dos camiños municipais de todas as parroquias.
O Concello de Fene rematou os traballos de incremento da sección de paso e a mellora na drenaxe na rúa do Campanario, na parroquia de Limodre. Unhas actuacións que afectaron a 300 metros da pista que une a entidade de poboación do Campanario coa estrada provincial DP-3501. Entre os traballos realizados destacan as labores de pavimentación nunha superficie de 95 metros cadrados, así como a instalación de 359 metros de tubaxe de saneamento e 22 sumidoiros en arquetas. Tamén foi mellorada a sinalización viaria co pintado en ambos lados do camiño para aumentar a seguridade, segundo destacou o concelleiro de Obras, Manuel Polo. A actuación ampliarase nesa zona nunha segunda actuación proxectada para comezar este mesmo ano.
Publica o teu comentario agora