Melloras no alumeado público

Melloras no alumeado público
19 de Xuño, 2024 - 04:32 h. | Publicada por Radio Fene

Os concellos de Fene e Moeche benefícianse do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética. O Ministerio para a Transición Ecolóxica deu a coñecer este mércores a resolución definitiva da primeira convocatoria do programa de axuda para proxectos singulares destinados á renovación de instalacións de alumeado exterior municipal. 

Fene e Moeche son dous dos nove concellos galegos que se benefician da iniciativa, con un total de oito millóns e medio de euros para investir. O Concello de Fene xa tiña asegurada a axuda porque logrou a segunda mellor puntuación dos 45 concellos de toda España que lograron acceder a estes fondos. O Concello de Moeche, que quedara na lista de agarda, conseguiuno debido a que outros solicitantes non completaron a documentación. O Concello de Fene accede a unha axuda de 743.850 euros para o proxecto de renovación de instalacións municipais de alumeado exterior e implantación de tecnoloxías TIC na rede semafórica. No caso do Concello de Moeche terá unha axuda de 1,1 millóns de euros para a renovación do alumeado público. Con estes fondos para modernización das luminarias preténdese reducir a contaminación lumínica, mellorar a calidade do alumeado público e os concellos poderán aforrar un 70% de enerxía, segundo informa o Ministerio. 

Institucional

Publica o teu comentario agora