As mellores imaxes de Valdoviño

As mellores imaxes de Valdoviño

15 de Setembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Valdoviño anima á veciñanza a participar no Certame de Fotografía do que sairán as imaxes para confeccionar o calendario que todos os anos edita a Concellería de Cultura. Así mesmo, a mellor fotografía do ano recibirá un premio de 500 euros; a imaxe destacada en paisaxe, 250 euros e, a mellor no apartado cultural, social, medioambiental ou etnográfico, o mesmo importe.

Cada mes, o Concello selecciona unha temática para ilustrar o calendario e, en setembro, solicítase que as imaxes se centren ben en Valdoviño e o deporte ben na paisaxe –as localizacións elixidas neste caso son Poi ou San Andrés (na parroquia de Lago); Martices ou Moimento (Loira), As Pallotas ou A Pedreira (Meirás), A Ramalleira, Sanxiao ou O Talieiro (Pantín), O Casal ou A Costa (Sequeiro), Pousada, Riodofoxo, A Riva, A Robaleira ou A Rocha (Valdoviño), San Pedro ou O Seixidal (Vilaboa), O Puntal (Vilarrube)-.
As persoas interesadas en participar poden presentar os seus traballos antes do 30 de setembro a través da páxina web municipal www.concellodevaldovino.com. E, máis concretamente, cubrindo o formulario que se atopa no seguinte enlace Calendario Valdoviño 2017: envío de imaxes.

Sociedade