As mellores instantáneas do Premio Luis Ksado amósanse nas Pontes

As mellores instantáneas do Premio Luis Ksado amósanse nas Pontes

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A sala de exposicións do Mercado Vello de As Pontes acollerá dende mañá, e ata o 7 de outubro, a mostra pertencente ao VIII Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado, patrocinado pola Deputación de A Coruña.

A colección conta coa serie gañadora do fotoxornalista madrileño Javier Arcenillas que o pasado mes de outubro se facía con este galardón gracias á súa serie de dez imaxes titulada "Kolkata".Trátase dunha colección de instantáneas en cor sepia, altamente expresivas e de gran calidade artística nas que se retrata o drama que se vive nunha leprosería de Calcuta pero con seres humanos que, malia a estar a vivir unha difícil e complicada existencia, non se resignan a perder a esperanza. En resumo, "unha mostra máis do importante traballo realizado por Arcenillas, un artista moi comprometido coa labor das organizacións humanitarias".

Ademáis desta serie de imaxes, a mostra tamén conta con outros traballos finalistas deste certame coma El muro del Atlántico, de Juan Medina, Banca Personal de Francisco Llop Valero, Terra de soga e ferro de Antonio Deaño, Circense de Roberto Milán e Tunel-calle 30 de Juan Millás Sánchez.
A exposición do VIII Premio Luis Ksado poderase visitar nas Pontes de martes a venres en horario de 18.00 a 19.30 horas e os sábados de 11.30 a 13.30 horas.

Cultura