ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“As mellores ocasións foron para o Perlío” afirma o adestrador do equipo local Chechu Piñeiro. Na Segunda Galicia de fútbol, Perlío 1 – 0 Cultural Maniños. O gol de Pocho chegou no minuto cinco.
“Logo o Maniños empurrando pero conseguimos defender bastante ben o resultado” afirma Piñeiro. O Perlío continua na primeira posición da Segunda Galicia de fútbol, con 15 puntos, dous de vantaxe e un partido menos que o segundo clasificado. Pero aínda queda moita liga, dezaseis encontros para o remate da competición.
Eles empezaron máis metidos no partido, sinala o adestrador do Maniños Pablo Mesa. Ao lograr o gol, logo xogaron máis cómodos. O Perlío estivo máis atinado. Temos que pelexar e traballar pensando xa no próximo rival, afirma o técnico. “Quedan moitos partidos e todos podemos perder puntos. Non é a xornada penúltima ou antepenúltima e o título non é cousa de dous, senón que hai máis equipos que aínda están no xogo”.
Publica o teu comentario agora