ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Mare croccante” e “Samporiña” foron as mellores tapas do decimo quinto Concurso de Tapas de Fene que se desenvolveu nas primeiras fins de semana do mes coa participación de oito establecementos. As tapas cociñadas por Arrecendo e Lembranza foron as máis votadas polo público e por un xurado profesional, respectivamente. Esta mañá tivo lugar a entrega de premios do certame aos establecementos e o sorteo de agasallos para a clientela que saboreou as tapas nesta edición do certame.

“Samporiña” é a tapa campioa para o xurado profesional. Foi a que ofreceu Arrecendo, galardoada con diploma e unha cesta de produtos por cortesía de Eroski Center. Para o xurado a tapa subcampioa foi Tricolor con chips de guanciale de O Son de Cociña, que gañou outro batedor cedido por Establecementos Aguilar.
“Mare croccante”, elaborada pola cafetería Lembranza, resultou ser a preferida do público. O premio nesta categoría consistiu un diploma e unha cesta de produtos por cortesía da cooperativa do Val. En segundo lugar quedou a cafetería Bombay cos seus buñuelos de cocido, que lle valeron un batedor por cortesía de Establecementos Aguilar.
Éxito de público
O acto celebrado na Casa do Concello foi presidido polo alcalde, Juventino Trigo, que se felicitaba polo éxito desta nova edición do Concurso de Tapas de Fene convocado pola Concellería de Promoción Económica. Da repercusión da iniciativa dá idea o feito de que se recolleron 2.745 tarxetas e 199 fenerrutas completas. Entre todas as persoas que saborearon as tapas tamén se sortearon numerosos agasallos ofrecidos por todos os colaboradores que tivo o Concello nesta edición do certame. Con premios moi variados que inclúen unha viaxe, dúas maletas de cabina e outros moitos agasallos.
Publica o teu comentario agora