ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os integrantes da prestixiosa Asociación Vauban, entidade francesa integrada por expertos de diferentes países na obra do que foi enxeñeiro e arquitecto no reinado de Luis XIV (o chamado Rei Sol) atópanse estes días en Ferrol coñecendo os enclaves da candidatura a Patrimonio Mundial. Dentro desta visita, coordenada por Juan Antonio Rodríguez Villasante, director do Ciefal, inclúense algunhas das construccións militares de
A comitiva, formada por 18 membros galos, dous españois e un mexicano, iniciarán o percorrido ás 9.30 h no castelo de San Martín, recentemente desbrozado, para seguir despois polas baterías de O Segaño, A Bailadora e o mosteiro de Santa Catalina. José Manuel Castro, director do Obradoiro de Emprego –cuxos alumnos están a facer reformas de recuperación e traballos de mantemento nalgúns destes espazos-, será o encargado de guiar a estes expertos en patrimonio militar.
A visita rematará sobre as 12.30 horas no Consistorio cunha recepción a cargo do alcalde accidental de Ares, Francisco García Prego, xa que o primeiro rexedor, Julio Iglesias, estará fóra do municipio por cuestións de axenda.