ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A parroquia de Montecubeiro, na localidade lucense de Castroverde, acolleu este domingo unha homenaxe ás vítimas do franquismo organizado por Iniciativa Galega pola Memoria e na que as persoas que interviñeron reivindicaron que a "apoloxía do franquismo sexa delito". O lugar elixido para a celebración deste acto foi o escenario no que 15 persoas foron asasinadas no verán de 1937. Entre as vítimas atopábanse tres mulleres
Xosé Manuel Sarille, sobriño de Carmen manifestou que "se pode disentir ou non coas asociacións, pero o que si ten que estar claro é que o franquismo foi un réxime terrorista e asasino e ten que ser condenado por todos". O alcalde de Baralla, Manuel González Capón, envolto nunha polémica por xustificar os asasinatos franquistas, decidiu non participar do acto para non ser machacado pola prensa. Sarille confesou que o convidara directamente, obtendo unha negativa por resposta. Si o fixeron representantes das tres forzas políticas da oposición. O presidente da Deputación Provincial e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demandou que ao igual que acontece noutros estados, a apoloxía da ditadura e dos seus crimes sexa delito tamén en Galicia e España.