ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As V Xornadas de Igualdade entre homes e mulleres comezan o domingo 8 de marzo en Allariz. Abriránse coa presentación do proxecto As herbas medicinais, recuperación e empoderamento feminino. A representación teatral Molestias clownicas poñerá o punto e final da actividade o sábado 28 de marzo.
O mesmo dia da inauguración a narradora oral Charo Pita presentará o seu espectáculo Mulleres de palabra. O martes 10 continuan as actividades cun obradoiro para mulleres e homes sobre os usos e tipos de prantas medicinais a cargo da axente forestal Zeltia Burgos. O xoves 12 de marzo inauguraráse a exposición 100% Attawassoul, sobre as mulleres dunha fábrica textil de Marrocos, coa participación do xornalista e fotógrafo Juan de Sola. As actividades continuarán ao longo de todo o mes de marzo.