ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O cambio hormonal é tan profundo que o período que se inicia arredor dos cincuenta anos é moi similar á adolescencia. A menopausa implica unha convulsión profunda nas mulleres. Cambia o xeito de ver o mundo. Os homes tamén teñen andropausa, segundo explica a escritora e profesora Rexina Vega. "Sempre fun reticente ao papel da Igrexa católica na cultura occidental, pero no momento en que se produce a convulsión do climaterio, necesitei ese cambio para envellecer mellor. Quero morrer sendo mellor e nese sentido o budismo é unha ventá interesante para a consciencia", afirma a escritora. As novelas de Rexina Vega son “heavys”. Ela cre que a literatura debe escribir sobre o que non vai ben. Non lle interesa o entretemento, senón as obras que removen os marcos por dentro. Ningún dos seus libros é para persoas febles.
O estado intermedio de Rexina Vega (Galaxia, 2020) aborda o tema da morte desde unha concepción filosófica budista, cuestión inédita na literatura galega contemporánea. Xunto co manexo de conceptos budistas á hora de entender o tránsito entre a vida e a morte, Vega introduce cada unha das doce “teses” nas que se divide a primeira parte do libro con parrafeos do escritor inglés John Berger, o xenial autor que deu relevancia ás sensacións e ás percepcións. A escritora e profesora traballa na actualidade nunha nova novela que centra a súa trama nun departamento universitario.
Fotografía: @quinovilas
Publica o teu comentario agora