ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Aberto o debate sobre o efecto das redes sociais na saúde e o benestar da rapazada. O Goberno de España anunciou que prohibirá o acceso ás redes sociais a menores de 16 anos, igual que fixeron outros países, como Australia. Recollemos as reflexións sobre o tema da pedagoga do Concello de Fene María Xosé Paz.

Desde que se produciu o anuncio houbo pronunciamentos a favor e en contra da medida. A pedagoga municipal María Xosé Paz defende o papel que deben desempeñar as familias para asegurar o uso saudable das tecnoloxías entre a rapazada e advirte do atractivo que teñen todas as cousas prohibidas. María Xosé Paz recomenda a lectura do libro de María Canosa “Dipnoi”. “É moi interesante, trata de cinco rapazas e rapaces, sobre a amizade real con contacto físico e o mundo virtual, detrás das pantallas é máis doado agocharse e expresar sentimentos”, comentou.
Publica o teu comentario agora