Menores, sexualidade e redes

Menores, sexualidade e redes
17 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Menores, sexualidade e redes sociais. Os servizos sociais informan ás familias de Fene, Neda e Mugardos sobre este tema no ciclo Máis que un Teito. Da sesión prevista para o luns, ás seis e media da tarde, na Casa da Cultura de Fene deu un avance a pedagoga municipal María Xosé Paz en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

A familia ten un papel importantísimo. “Moitas veces a das redes sociais é a primeira información que reciben, as persoas educadoras teñen que ser conscientes de como poden filtrar esa información, ou que teña un complemento explicativo porque a rapazada con frecuencia non sabe dixerila”, reflexiona a pedagoga do Concello de Fene. A nova sesión do ciclo Máis que un Teito sobre "Como inflúen as redes sociais na sexualidade das/os menores” terá lugar o luns, día 19, ás seis e media da tarde, na Casa da Cultura de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora