ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Galicia conta con 120.400 persoas ocupadas menos e 56.000 parados máis que cando Feijóo chegou á Xunta. O descenso da ocupación revela o incremento do paro e tamén a elevada emigración que volve rexistrar a comunidade nos últimos anos. O progresivo envellecemento da poboación é outro dos datos que fai máis urxente políticas activas de dinamización económica e demográfica.
Segundo indica o xornal dixital Praza, Galicia precisaría crear uns 120.000 empregos máis para alcanzar os niveis de ocupación que atopou Feijóo cando chegou á presidencia da Xunta hai agora case sete anos. Unha ollada ás cifras dan conta da destrución de emprego que sufriu o país durante a crise económica, así como da progresiva perda do diferencial positivo que mantiña co conxunto do Estado.
Así, e segundo os últimos datos da EPA, Galicia conta na actualidade con pouco máis de 1 millón de persoas ocupadas (1.032.500), que son 120.400 menos dos que había cando Núñez Feijóo chegou ao poder (1.152.900). A destrución de emprego foi practicamente constante, alcanzando a súa peor cifra nos dous primeiros trimestres de 2014, cando a ocupación no país baixou da barreira do millón de traballadores, quedando mesmo en 982.800.