ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A presión na saída ao campo xogoulles unha mala pasada. O Perlío feminino caía derrotado fronte ao Galicia de Caranza pero o partido estivo moi igualado no seu conxunto.
O Perlío caeu derrotado nos Pinares diante do lider, o Galicia de Caranza, cun marcador que rematou 0-2. Aínda así sigue arriba, no terceiro posto con 18 puntos, a un do Maniños. Os nervos e a presión de saberse frente ao líder xogáronlle unha mala pasada ao Perlío na Liga Feminina de Futbol 8.
O técnico, Juanjo Lorenzo, entóa o "mea culpa" por non terlles transmitido a seguridade precisa para sair ao campo dos Pinares con maior confianza. Dous erros das locais, ao principio do encontro, valéronlle ao Caranza para marcar os dous goles definitivos que lles deron a victoria. Aínda así as xogadoras do Perlio non fixeron un mal partido, sendo este moi igualado en xeral.
Na próxima xornada o Perlío visita o campo da Gándara de Pontedeume para enfrentarse ao Eume Deportivo. O encontro está fixado para o domingo 25 ás 11.30 horas.
Publica o teu comentario agora