Mercado hippy no Perla mural fest

Mercado hippy no Perla mural fest
18 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A segunda edición do Perla Mural Fest ainda non finaliza de todo. Esperan rematar nas próximas horas as súas obras de arte Hugo Lomas "Sfhir" e Cristobal Persona. A italiana Leticia Mandrágora chegará mañá luns a Fene e comezará a pintar o seu mural na praza da escola de Perlío. O evento quere lembrar a importancia como centro de divertimento do cine Perla (inaugurado en 1959) e do salón de baile do mesmo nome (1960). Mocidade de boa parte de Galicia acudían aquí para gozar con primeiras figuras do panorama musical como Juan Pardo, Mocedades, Miguel Rios, Ana Kiro, Formula V, Julio Iglesias, Luis Aguilé ou Rafaella Carrá. 

Fotografia Xan Xe

Paralelamente ao Perla Mural Fest celebrase o gran mercado hippy, que conta con postos de temática hippy e aporta un ambiente único ao evento. O público pode gozar de animación itinerante, xogos de malabares, efectos de maxia, accións de clown, e unha zona infantil con minixogos, ademais de caricaturas e atraccións ecolóxicas como un carrusel e unha noria. Nesta xornada de domingo, ofrece as pezas do mediodía ás 13,30 o grupo Sintróm ni son. 

 

Mercado hippy en Perlío

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora