Mercedes Castro: “Sexo? Por que non? presenta unha personaxe con vergoña nunha obra sen pudor”

Mercedes Castro: “Sexo? Por que non? presenta unha personaxe con vergoña nunha obra sen pudor”

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A compañía Eme2 estrea ás nove da noite de mañá venres no Cine Alovi de As Pontes o espectáculo Sexo? Por que non? A única protagonista da montaxe é a actriz Mercedes Castro quen asegurou en Radiofusión que se trata dunha peza que aborda “o sexo con naturalidade e desde un punto de vista có

Aurora é a protagonista de Sexo? Por que non? O espectáculo céntrase nos recordos e vivencias sexuais desta personaxe desde que é pequena ata a actualidade e que están marcados polo seu sentimento de vergoña e pudor.

Sexo? Por que non? está baseado en textos da familia italiana composta por Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Mercedes Castro afirma que ao tratarse o orixinal dunha obra formulada como unha conferencia, apostaron por unha adaptación que conservase a esencia e diversión, pero que só contase cun personaxe protagonista.

Álvaro Lavín é o director desta peza, mentres que o dramaturgo madrileño Julio Salvatierra encargouse da adaptación. Ambos son integrantes da compañía Teatro Meridional.

Aurora é o único personaxe con representación física enriba das táboas, mais non está soa. Da súa imaxinación xorden outras voces como a dos mestres, as nenas ou a súa nai.

Sexo? Por que non? estréase na vila natal de Mercedes Castro, As Pontes. A actriz tiña claro que este concello tiña que ser o primeiro en ver esta nova montaxe, xa que nel séntese moi arroupada e querida. O 8 e 9 de maio presentarán o espectáculo no Salón Teatro de Compostela e no outono retomarán a peza para levala ás principais vilas e cidades galegas.

Cultura