ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Segunda División Galega da Liga feminina. Nova vitoria do Perlío. Este domingo Perlío 1-0 Obrero. “Unha vitoria importante para seguir con confianza, seguir sumando e ir mellorando pouco a pouco”, declarou a Radio Fene o adestrador, Carlos Carballo, Vinky.
“Penso que é unha vitoria merecida, incluso se me antolla algo curta”, resume o técnico. O mal tempo influíu no xogo. “O partido tivo dúas partes totalmente diferentes por culpa da meteoroloxía, da choiva. Na primeira parte o campo aguantou ben e fixemos unha primeira parte moi boa, a verdade, tivemos catro ou cinco ocasións claras, pero só metemos un”. “Moi satisfeito coa primeira metade, na segunda o balón practicamente non rodaba, era imposible combinar, moi difícil conducir, converteuse nun partido máis físico; as rapazas seguiron intentando, a porteira delas estivo moi ben. Elas chegaron nunha ocasión clara que salvou moi ben Jenny”, explica Carlos Carballo
Publica o teu comentario agora