Merecidas vacacións

Merecidas vacacións
27 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino goza do ascenso á Segunda División Galega de fútbol. Varias das protagonistas do ascenso fixeron balance da campaña 2025-2026 en Radio Fene. Falamos coa delegada do equipo Conchi López e as xogadoras Rosi Taboada, Carla Bastida, Sabela López e Sara Rodríguez Seoane 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi unha tempada bastante longa, pero tivo bos resultados, estamos todas contentas”, apunta Conchi López. Conta Sabela que o ascenso “era un obxectivo que tiñamos claro desde o principio”. Para ela, “o peor foi quedar eliminadas da Copa, foi un pau”. Carla recoñece que en tantos meses houbo “algún momento de crise, pero conseguímolo superar”. “Sobre todo a unión a loitar en grupo”, é o que se aprende no fútbol, di Rosi. Pon un brillante broche co ascenso a súa carreira futbolística. Lembra que o último partido “foi algo tenso porque non dabamos metido gol” e anuncia que, no futuro, seguirá pendente da traxectoria do equipo “seguireinas vendo, pero desde a grada”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora