Merecimos máis

Merecimos máis
31 de Xaneiro, 2022 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

"Merecimos algo máis na Coruña" afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro.Na Primeira Galicia de fútbol, Sporting Ciudad 3 - 1 Perlío. No campo da Grela debutou o xuvenil Hugo Balado, con 17 anos. O equipo dos Pinares desprazouse á cidade herculina con 10 baixas por diferentes motivos. "O resultado é enganoso para o que aconteceu no terreo de xogo" indica o técnico. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Chechu Piñeiro:
http://173.255.131.18/audio/310122PINEIRO.mp3

Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral
"Despois do gol de Sergio, na última fase fixémonos donos do encontro, con moitas chegadas á area rival, pero faltounos o gol" sinala Piñeiro. 

Deportes

Publica o teu comentario agora