ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un pano branco. Nel a serea que porta un escudo cunha fouciña e unha estrela vermella, a mesma que debuxou Castelao co lema “Denantes mortos que escravos”. A figura rodeada por un círculo azul “como se fora un torque de ouro, coa significación do fogar galego máis redondo que cadrado, máis celta que romano”. Eses elementos conforman a proposta de bandeira republicana galega que esmiuzou en Radiofusión Mero Iglesias. “É un s&iacut
A nova bandeira é para ondear ao vento “cando queiramos manifestarnos exclusivamente galegos e sen dependencias”, resume Mero Iglesias, argumentando que entre os republicanos galegos a tricolor española “moitos non a aceptaban como representativa pola concomitancia de moitas cores, polo que significan”. O símbolo quere lembrar a proclamación orixinal da República Galega de 1931 ou mesmo o exemplo dos Mártires de Carral. “Esas reivindicacións o que poden aportar son elementos de cohesión social e de satisfacción de ser quen somos, e recoñecer que houbo xente que pelexou por unha Galicia máis nosa, máis independente, máis capaz de se valer por si”.
Festa da República
A República Galega proclamada nos últimos días do mes de xuño de 1931 en Ourense, Compostela e a localidade zamorana de Pobra de Sanabria foi efémera. Viña de caer a ditadura de Primo de Rivera e a decisión do Goberno en Madrid de abandonar as obras para o ferrocarril entre Zamora e A Coruña alporizaron aos obreiros. Comezaron unha folga que serviu de faísca para prender esa arela dunha sociedade diferente. O paso atrás do Goberno, cedendo ás pretensións dos traballadores, fai esvaecer a tensión e desactívase a revolta.
Por terceiro ano seguido, as Asociacións Culturais Foucelhas de Ordes, Lucerna de Cerzeda e A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantiños celebran a Festa da República Galega, desta volta co gallo do 82 aniversario. Será mañá sábado na vella estación do tren de Ordes e alí farase un aberto da Liga Nacional de Billarda, unha repichoca literaria e actuarán O Leo i Arremecághona, Cé Orquestra Pantasma, Xenderal, Lydia Botana, Xabier Díaz e Mini e Mero.