ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou unha entrevista cos alcaldes e alcaldesas da sete cidades galegas para “comezar unha nova etapa de verdadeiro impulso institucional ao galego”, ante a pasividade, cando non agresividade, que vén manifestando o actual presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, respecto da lingua propia do país, si
A Mesa propón ademais avanzar a partir deses mínimos a través da proposta que fixo pública no mes de novembro de 2014, que contemplaba a oferta positiva en galego na atención ao público, que as empresas que traballen para as administracións local fagan uso do galego, a creación, onde non exista, dun servizo de normalización lingüística, ou que todas as actividades dos concellos se desenvolvan en galego.
“Existe un forte apoio social á lingua que se reflicte en centos de colectivos e persoas que, sen ningún apoio institucional, actúan todos os días para colocar e pór a lingua en todos os espazos que ten calquera lingua lingua propia e ademais aparentemente oficial como a nosa” sinalou Maceira, e engadíu que “ante a falta de apoio por parte da Xunta de Galiza, aínda tendo a obriga legal de o facer, deben ser os concellos quen actúen para encher o baleiro institucional a favor da lingua que a Xunta está a promover, e facer limpeza das pedras que o actual goberno foi deixando no camiño para normalizar o idioma”.
A este respecto o presidente da Mesa sinalou algúns exemplos que evidencian o retroceso como a Educación infantil, que se ben non é competencia municipal, si que é un ámbito onde os concellos poden actuar, fornecendo medios e materiais didácticos, ou a través das escolas infantís municipais de 0 a 3 anos. Outro exemplo é o retroceso por parte de empresas que se fan cargo de servizos municipais onde se teñen producido incumprimentos graves dos dereitos lingüísticos das usuarias e usuarios, “cando todo servizo municipal por moi privatizado que estea, tense que dar nas mesmas condicións que se faría de fose de xestión pública” sinalou.